Thursday 02 de May de 2024

Neda programa martes a festa infantil de entroido e a queima do meco nun novidoso espectáculo pirotécnico


O Concello de Neda terá este martes, festivo local, dúas novas citas no marco da súa programación especial do entroido. Trátase da festa infantil, e da tradicional queima do meco, que chegará este ano revestida cun novidoso espectáculo pirotécnico. É tempo de diversión en Neda.

A proposta para os máis pequenos da casa celebrarase, como vén sendo habitual, no pavillón municipal Ale de Paz. Será a partir 17 horas, cando as instalacións abran as súas portas para recibir ás familias. Así os nenos e nenas, ataviados cos seus disfraces, poderán desfrutar dos distintos inchables que haberá, do espectáculo de cantabaila e máis de obradoiros de maquillaxe. Todo de balde.

A partir das 19:30 horas, e animado por Retumbatuke Percusión, está previsto a saída do desfile de disfraces dende o pavillón ata Os Subarreiros, onte terá lugar a queima do meco. Unha cerimonia na que intervirán o alumnado infantil da escola municipal de teatro na que a pirotecnia será protagonista.

A programación do entroido alóngase en Neda coa celebración o domingo 25 de do Cocido interxeracional no polideportivo municipal, e o 1 de marzo da merenda baile da terceira idade. O prazo para inscribirse nestas actividades está aberto na oficina dos Servizos Sociais.